Antes de nada teño que informar de que a Desi xa está a punto, documentación en regra e o seguro obligatorio para circular. Fai un ruído no interior do motor coma se tivese desgaste na cabeza da biela e seguramente esta semana terán que abrilo unha vez máis, pero a próxima fin de semana estará lista para rodar.
Agora vamos coa Rodada de Motos Clásicas que se celebrou fai unhas semanas no circuito Val do Salnés organizada polo moto club Club Motos Vellas do Salnés. O amigo Abalo estivo alí e atreveuse a rodar coa súa fermosa vespa. Como tumbas muchacho...
Levo 2 anos porfiándolle a meu pai, para que veña a concentracións de clásicas, eventos vespeinados e demáis, pero ata agora négase... o negábase! porque onte mesmo, durante a típica sobremesa do domingo tivemos esta conversa:
-"vou coller a vespa pa' dar unha volta"
- ... (silencio valorativo pola miña parte) "pois vou contigo na lambretta!
-... (silencio valorativo pola súa) pois ala, que fai un tempo cojonudo.
Supoño que ata agora non quería que ninguén o acompañase por medo a unha caída en grupo ou algo polo estilo, pero onte acabou pedindo paso nas subidas! Escollemos a ruta do sábado 25 pero en sentido inverso: Cuntis - Campolameiro - Moraña e Cuntis. Faltou Fran e a "desi", pero índa está tramitando o permiso de circulación.
Esta foto é de fai 2 veráns, mentras desmontábamos a súa Vespa 160.
Como xa me preguntaron máis dunha vez por donde empezar a restauración dunha vespa ou lambretta e canto nos vai costar a broma, aquí deixo o meu humilde método:
Atención: vai fotografiando todo, para saber despois onde e como estaba. (grazas Carlos)
1ª desmontas todo: manillar, dirección, guardabarros, cófanos, guantera... ordenando e anotando meticulosamente os tornillos e pezas en paquetes, indicando o seu lugar na moto. Os cables e as camisas deixalos no chasis para poder sustituilos por outros se fose necesario.
2º Extraes o motor do chasis (ollo, sen abrilo) e lévasllo ó mecánico para que cambie todo o necesario para poñelo a punto. Paga a pena gastar 300€ e deixar o motor en perfecto estado. Cambiar reténs, rodamentos e si é necesario pistón e cilindro.É mellor facer esto ó principio, que volver a desmontar coa moto xa restaurada(por experiencia propia)
3º Traballo sucio: lixar, lixar e volver a lixar toda a chapa da moto para eliminar o óxido. Para aforrar cartos temos que facer todo o traballo que os chapistas non queren, xa que é máis rentable pintar 4 defensas de coche nunha hora, que poñerse a lixar unha puñetera vespa. É importante que protexas as pezas que vaias lixando: vai pasar moito tempo desde que lixas unha aleta, por exemplo, ata que vas ó chapista. Tes que botar aceite WD-40 (parecido ó 3en1) para que non oxide mentras segues lixando outras pezas.
Ese é o truco:se levas toda a chapa preparada para pintar, non suelen decir que non, xa que cualquera o fai nun par de horas.
Por tanto e resumindo: motor: 300€, chapa: 500€ máis ou menos, lixa, disolvente, pezas novas, algún embellecedor e outras cousiñas...
TOTAL 1.400/1.500€ a gastar nun ano, máis ou menos.
Agora pensa si prefires restaurar a vespa de teu avo ou mercar unha chooper de plástico por más cartos... ti mesmo!
Estos días estou bastante liado no choio e non teño tempo para publicar...
Estamos acabando a 160 GT de Fran e supoño que estará lista para a fin de semana que ven, a ver que pasa. De momento aquí vos deixo máis fotos do Autoclásico '08.
Fai 7 días pasei polo Salón Autoclassico de O Porto. Según as revistas especializadas é a mellor exposición de clásicos da península e sinceramente, estou totalmente dacordo. Modelos como AC COBRA, FERRARI DINO, JAGUAR GT, CHEVI CAMARO, VW ESCARABAJO (o de verdade) además dunha VESPA RALLY, (nunca vira ningunha) VESPA SS (2.800€uracos)...
Aquí van unhas fotos, espero que vos gusten:
O primeiro modelo de Corvette Stand Lambretta Club
É curioso como o mundo das scooters fai amizades. Abalo máis eu conocimonos grazas ó blog fai un par de anos, pero nunca nos víramos en persoa ata a concentración de clásicas de Cambados.
O pasado domingo, preparamos as motos e fumos dar unhas voltas; 70 km, máis ou menos. Fixemos unhas fotos no ENCORO-NON! de A Baxe, en Caldas de Reis. Abalo! foi todo un pracer.