Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

Categoría: scooters do mundo

29 Noviembre 2008

Fotos desde América

Vamos cas fotos duns amigos de Sudamérica:

Marc Chagall enviou a foto da súa Vespa da que non sabe ano de fabricación. Supoño que Abalo poderá botar unha man, xa que debe ser da idade da sua. ¿1954? ¿1956?

O amigo Paez Neicer, manda a foto da súa Auteco 15O, a vespa con licencia colombiana. Chasis dunha Sprint ou unha 160, manillar de CL ou DN e con nariz de intermitencias.


Por último la de Luis Cubero Varela de Costa Rica. Envía as fotos da súa vespa estilo racing que ten moi boa pinta. Grazas ós tres!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

6 Noviembre 2008

Scooter Durkopp Diana

No seu momento xa falamos da Iso Diva, unha scooter que tamén tivo o seu mercado e que gardaba certo parecido coa Vespa e Lambretta.

Como vedes na foto, a parte diantera recorda á vespa e a traseira á lambretta.

Buceando entre libros de motos atopei unha scooter que non coñecía e que tamén recorda á vespa por diante e á lambretta por detrás: A Scooter Diana, de Durkopp.

Durkopp foi fundada en Bielefeld (1867) Por Nikolas Durkopp e adicouse á fabricación de bicicletas. En 1901 comezou fabricando motocicletas monocilíndricas, bicilíndricas en V e un modelo tetracilíndrico en liña refrixerado por aire. Unha vez pasada a I Guerra Mundial volveu a fabricar bicis (non estaba o forno pa' roscas) pero con motores de 60, 75 e 98 cc.

En 1954, Durkopp presentou a Scooter Diana de 194cc. Era un produto de altísima calidade que ofrecía rapidez e maniobrabilidade comparables a calquera outra scooter do mercado. Durkopp era (e son) un forte grupo industrial e non dependía so das motos, por eso o Diana deixou de fabricarse no 1960. Para entonces saíran da cadena de montaxe 24.963 unidades.

Non teño constancia de que se venderan no noso país, pero si que atopei algunha á venta en Portugal. A min paréceme preciosa, moito máis que a Diva e que a Zundap Bella, da que falaremos otro día. ¿Qué vos parece?

De sonido é moi similar a unha Lambretta 200

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo


Sobre mí

. 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera