Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: Problemas frecuentes Vespa

Vespa 160: ITV superada!

Á primeira...

Iso que quede ben claro: 41 anos de vespa e a tipa pasa a ITV á primeira. Ten "juevos" a cousa.

Xúrovos que iba co típico medo en plan: ¿estas defensas son orixinais? ¿o portabultos respeta as medidas da moto? ¿é homologado?

Según o técnico que a mirou: "estas motos nunca dan problemas, a ver: ¿frenos?... sigue, sigue, sigue... ben. ¿luces?... cortas... largas... ¡coño, pero si ten población e todo!... ¿luz de stop? ben. ¿bocina? ajá... Perfecta."

Ala, ata dentro de dous anos, non volvemos por alí.

Salú!

Reparacións de Chapa. Golpes.

Cada vez falta menos para o pintado definitivo da da Vespa 160 de meu pai.

A última vez que falamos dela, foi despois de aplicarlle a primeira man de imprimación: ver video <--
Esta semana, adicámola á reparación do chasis, pero mentres tanto (que a cousa vai para largo) aquí vos deixo unha mostra sobre como se reparan as abolladuras ou golpes.

O primeiro é endereitar as abolladuras máis grandes a base de martillo de chapista e moita paciencia.

Despois empástase donde sexa preciso con Masilla de Poliester para carrocerías coa axuda dunha espátula.

Agora lixaremos de novo os sitios donde anteriormente aplicamos a masilla axudándonos dun taco de madeira dura , para que o lixado sexa sempre uniforme e non nos queden ondulacións na chapa.

Un truco moi vello pero que da uns resultados boísimos.

Ás veces, despois de pasar a lixa co taco de madeira, quedan algunhas zonas máis "altas" que outras. Unha boa forma para localizar os posibles defectos durante o lixado é pasar a man dun xeito firme e repetidas veces adiante e atrás, do mesmo xeito que na foto.

Para acabar, antes de dar unha nova capa de imprimación, repasaremos toda a superficie cunha lixa moi finiña e unha boa lixadora pneumática.

Consello: Non malgastes os cartos en ferramienta de mala calidade.

Por certo; parece que a moda das scooters chegou á miña vila.
No mesmo taller donde paso as tardes libres reparando a Vespa de meu pai apareceu unha Lambretta desmontada.

Saúde!

Sáltanlle as marchas...

Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Chegoume un milio a vespistao(arroba)hotmail(punto)com que dicía o seguinte:

Tengo una vespa 200 y cuando meto la tercera, al acelerar y coger velocidad, la marcha se sale. He cambiado los cables y las camisas, ya que estaban un poco rotos, pero sigue pasando lo mismo. ¿Qué es lo que la puede pasar? ¿Que tengo que hacer?

A miña opinión:
1) o mecanismo de retención está gastado ou estropeado. Saca a tapa do selector de marchas e comproba o mecanismo de retención das marchas. Sustitue retén ou muelle.

2) o selector está desgastado ou roto. Non che queda outro remedio que a sustitución.

3) Piñones desgastados (o máis probable) o senon os coxinetes. Desmonta a caixa de cambios e sustitue as pezas.

Sorte e saúde!

PD: mellor que o faga un mecánico, precisarás ferramentas especiais.

Como cambiar as pastillas de freo dunha Vespa

Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Pois resulta moi sinxelo. Si queres aforrar uns euros e tes tempo, estos son os pasos a seguir:
1º Temos que sacar a roda afrouxando as 5 tuercas e as súas arandelas de muelle ¡sin tocar as tuercas da llanta! moito ollo con isto. Sacamos a copa de engrase no centro do tambore eliminase calqueira exceso de graxa.

2º Enderezamos e sacamos el pasador partido que suxeita a tuerca do tambor utilizando uns alicates de punta fina. Podemos sacar agora o inserto ranurado de bloqueo. Extraemos a tuerca do tambor, para despois sacalo cara fora do eixo.
Si atopamos resistencia, afrouxaremos o tensor do freno e moveremos o tambor dun lado a outro ata que se solte. So si fose absolutamente necesario, utilizaremos unha maza branda ou un taco de madeira para golpear as lengüetas y sacalo dese modo.

Temos que revisar o estado das pastillas de freo. A teoría di que non valen si so quedan entre 1,5 y 2 mm de material (de cor negro).
Si as pastillas están en bo estado pero a frenada é pouco efectiva pode ser por 2 motivos: Ferodo cristalizado ou manchado de graxa. No primeiro caso quitaremos a capa cristalizada con papel de lixa.
Si estivese manchado de graxa non temos máis remedio que sustituir as pastillas.

4º Agora limparemos o tambor de freo usando un trapo empapado en gasolina para eliminar areas ou restos de graxa. Si ves que o tambor está moi erosionado, mellor será que o cambies.

5º Para desmontar as zapatas retira o clip do extremo , tírase delas e sepáranse da leva do freo utilizando uns desparafusadores para facer palanca. Cando estén fora do eixo xa podes desmontar o muelle de retorno.
Ó montalas de novo Tes que engraxar os eixos, pero debes tener coidado de non manchar o ferodo, para protexelas ponlle cinta aillante (que terás que quitar antes de poñer o tambor!)

Xa podes montar todo de novo, con paciencia e moita tranquilidade terás que facer todo o proceso á inversa. Recoméndoche unha palanca para apretar a tuerca da roda e un pasador novo.

Ala, a intentalo. Valor e sorte!!

Motor Gripado

VERSIÓN EN CASTELLANO <-- (pincha aquí)

Aquí vola presento. É a miña vespa; unha T5 125 do '87 Costoume 300€, estaba tirada nunha palleira. Desmonteina toda e repareina un chisco. Despois duns apaños de chapa e pintura aquí a tendes.

Fai 3 meses estaloume o pistón, rompeulle unha esquina superior, perdeu compresión e deixome tiradiño na estrada de Portas (Pontevedra). Púxenlle un novo que me valeu sobre 120€. Pois ben, este pasado domingo gripoume o motor por non botar no depósito o aditivo para a gasolina sem plomo.

Cóntovos:

Recentemente cambiaron as gasolinas e os vehículos antigos (casi todos os anteriores ó ano 95) teñen que botar un aditivo no depósito para non estropear os motores.

Como sabedes (e senón eu explico) as motos con motores de 2 tempos precisan mezclar a gasolina con aceite, xa que a lubricación destos motores faina a propia gasolina cando entra en contacto coas pezas do motor.

Últimamente, cada vez que ía a encher o depósito da miña vespa, poñíalle aceite que xa traía aditivo incorporado. O pasado domingo, nun descoido (oh mísero de mi, oh infelice) boteille outro aceite sen aditivo e cando levaba uns 6 km... gripouseme o motor.

Tende coidado, vespadictos do mundo, que teño a miña T5 no taller de meu amigo Manolo e botoa moito de menos :-(

¿que é un gripado de motor?