Antes de nada, esta fin de semana hai concentración de clásicas en Vilagarcía organizada polo Club SQeM (non podo ir ) pero para os interesdos aquí deixo máis info: SQeM
+ fotos Concentración Clásicas Cambados
Acabo de ler a crónica do amigo Abalo sobre a concentración de clásicas do pasado día 10. Recoméndovos que lle botedes unha ollada. Aquí vos deixo algunhas das súas fotos. Adolfo, Unha aperta!
Neste momento a cousa está algo parada porque non temos moito tempo libre en común, pero para ilustrar o tema, aquí vos deixo unha foto que quitamos fai dúas semanas.
Onte mesmo recomendéivos un blog chamado Tumotoclásica. Seguindo as súas indicacións decidín quitar a pintura de imitación cromo que lle puxen ós embellecedores da Vespa 160 e pulilos como dios manda.
O primeIro é mercar un kit de pulido de metais en calquera ferretería, vale sobre 10€, é de Wolfcraft e trae todo incluido.
Está composto por dúas pastillas e dous rodillos para acoplar ó taladro.
1. Antes de nada tes que lixar a peza a pulir, primeiro cunha lixa gorda para eliminar raiaduras e golpes (grao de 300 a 400, dependendo do estado) para despois pasar a unha lixa de auga máis fina (grao 500 ou 600) Deste primeiro paso dependerá o resultado final. É mellor ser paciente.
2. Unha vez lixado (repito, paciencia) monta o cepillo duro no taladro e daslle ca pastilla oscura (taladro funcionando) Según vaias pulindo, notarás que a peza empeza a reflexar coma se fose un espello con empañado.
O proceso é unha auténtica guarrada e pone todo perdido. Protéxete con gafas e mascariña se non queres escupir "cousas neghras" toda a noite.
3. Turno do cepillo blando. Este cepillo encargase de darlle o acabado final. Co taladro en marcha untas o cepillo ca pasta azul e sigues pulindo. Se o primeiro paso foi bo (lixado á man), reflectirá coma un espello de verdade.
Aquí vos deixo a miña aportación fotográfica á Concentración de Clásicas de Cambados, celebrada o pasado día 10 e organizada polo Club Motos Vellas do Salnés.
As fotos en movemento son obra de Lucía e algunhas en parado son miñas.
Menuda sorpresa levei esta mañá ó cheghar ó choio.
Resulta que meu amigo Julio estivo a pasada fin de semana en Xixón e por casualidade atopouse co Euroyeyé.
Teño pendentes un video da Scooterada Vespeinada (made in Vespadicto) e un montón de fotos das Clásicas de Cambados, pero para abrir apetito... de momento, estas.
Un abrazo para Adolfo, que por fin nos coñecemos en persona.
Xa falta menos para a concentración deste domingo en Cambados
Cun pouco de sorte poderemos ver xoias como esta BMW con sidecar que pertencía ó Africa Korps e que foi requisada polo exército español xunto con outras tantas ó recalar en Valencia o barco que as transportaba durante a 2ª Guerra Mundial. Menuda historia...
O próximo DOMINGO día 10 celebrase en Cambados la XI Concentración do Club Motos Vellas do Salnés.
09:30-APERTURA DAS INSCRIPCIONES NA PRAZA DE FEFIÑÁNS (25€)
11:00-SAIDA PARA REALIZAR O PERCORRIDO QUE PASARÁ POR CAMBADOS, RIBADUMIA, SANXENXO, MEAÑO...
Ainda que o máis importante é o MENÚ jajajaja:
EMPANADA ZAMBURIÑAS
SALPICON MARISCO CHIPIRÓNS SETAS REBOZADAS CON SALSA TARTARA PULPO (CON PULPEIRA) PESCADA á ROMANA CARRET DE CORDERO con AROMAS DEL SIL O TERNERA TARTA VINO ALBARIÑO e TINTOS AUGAS REFRESCOS, CERVEZAS CAFES e LICORES.
O POSTRE SERÁ A ENTREGA DE PREMIOS e CLAUSURA DA CONCENTRACIÓN
EU vou ca miña lambretta ¿quén se anima?so poden ir motos con máis de 25 años (unha lástima, pero é así)