Como xa me preguntaron máis dunha vez por donde empezar a restauración dunha vespa ou lambretta e canto nos vai costar a broma, aquí deixo o meu humilde método:
Atención: vai fotografiando todo, para saber despois onde e como estaba. (grazas Carlos)
1ª desmontas todo: manillar, dirección, guardabarros, cófanos, guantera... ordenando e anotando meticulosamente os tornillos e pezas en paquetes, indicando o seu lugar na moto. Os cables e as camisas deixalos no chasis para poder sustituilos por outros se fose necesario.
2º Extraes o motor do chasis (ollo, sen abrilo) e lévasllo ó mecánico para que cambie todo o necesario para poñelo a punto. Paga a pena gastar 300€ e deixar o motor en perfecto estado. Cambiar reténs, rodamentos e si é necesario pistón e cilindro.É mellor facer esto ó principio, que volver a desmontar coa moto xa restaurada(por experiencia propia)
3º Traballo sucio: lixar, lixar e volver a lixar toda a chapa da moto para eliminar o óxido. Para aforrar cartos temos que facer todo o traballo que os chapistas non queren, xa que é máis rentable pintar 4 defensas de coche nunha hora, que poñerse a lixar unha puñetera vespa. É importante que protexas as pezas que vaias lixando: vai pasar moito tempo desde que lixas unha aleta, por exemplo, ata que vas ó chapista. Tes que botar aceite WD-40 (parecido ó 3en1) para que non oxide mentras segues lixando outras pezas.
Ese é o truco:se levas toda a chapa preparada para pintar, non suelen decir que non, xa que cualquera o fai nun par de horas.
Por tanto e resumindo: motor: 300€, chapa: 500€ máis ou menos, lixa, disolvente, pezas novas, algún embellecedor e outras cousiñas...
TOTAL 1.400/1.500€ a gastar nun ano, máis ou menos.
Agora pensa si prefires restaurar a vespa de teu avo ou mercar unha chooper de plástico por más cartos... ti mesmo!
Estos días estou bastante liado no choio e non teño tempo para publicar...
Estamos acabando a 160 GT de Fran e supoño que estará lista para a fin de semana que ven, a ver que pasa. De momento aquí vos deixo máis fotos do Autoclásico '08.
Fai 7 días pasei polo Salón Autoclassico de O Porto. Según as revistas especializadas é a mellor exposición de clásicos da península e sinceramente, estou totalmente dacordo. Modelos como AC COBRA, FERRARI DINO, JAGUAR GT, CHEVI CAMARO, VW ESCARABAJO (o de verdade) además dunha VESPA RALLY, (nunca vira ningunha) VESPA SS (2.800€uracos)...
Aquí van unhas fotos, espero que vos gusten:
O primeiro modelo de Corvette Stand Lambretta Club
É curioso como o mundo das scooters fai amizades. Abalo máis eu conocimonos grazas ó blog fai un par de anos, pero nunca nos víramos en persoa ata a concentración de clásicas de Cambados.
O pasado domingo, preparamos as motos e fumos dar unhas voltas; 70 km, máis ou menos. Fixemos unhas fotos no ENCORO-NON! de A Baxe, en Caldas de Reis. Abalo! foi todo un pracer.
Primeiras probas da 160 GT de Fran. Como xa vos contei en anteriores entradas, entroulle auga no motor e o cilindro encheuse de óxido. Botámoslle aceite a mares e ó final, sen abrir o motor, a moto arrancou
(a mecánica Vespa é dura coma unha pedra)
Era de noite e so tiña o freno dianteiro posto. O ruído mete pánico por culpa do óxido dos rodamentos, pero cada vez fai menos. Ala, a disfrutarlo.
Resulta que collín videos de cámaras de fotos, tlf móbiles e demáis aparatos, arrexunteinos con música de Jaime Urrutia "Que Barbaridad!" (non sei si o video ou a canción) e este é o resultado. Que o disfruten as súas señorías. Salú!