O pai de Bernardo
R. Martinez Gil María Cosperal
Grazas ó blog coñecín un lote de amigos relacionados cas scooters clásicas: Correcaminos, Abalo, Speedy, Adrián e tódolos Vespeinados, Petardo e os Avispados de OUrense, Nacho, Ricardo, Fixenoeu... (perdón se me esquezo de alguén) pero sen dúbida, un dos que máis me sorprendeu foi Bernardo, fillo de R. Martinez, Campeón Nacional de carreiras de regularidade nunha Vespa.
Bernardo tivo a amabilidade de gastar o seu tempo e mandarme un montón fotos de carreiras de regularidade dos '50 nas que aparece seu pai montado nunha vespa. As imaxes falan por si mesmas:




Ademáis non se conformou con mandarme as fotos, senon que enviou un par de trofeos gañados por seu pai cunha Vespa: un de Holanda e outro da III Vuelta a Galicia, trofeo do Excmo Ayuntamiento de La Coruña, año 1955.

Co tempo fun perdendo o contacto con Bernardo, pero quedáronme as fotos de seu pai. Si por un casual lees esto, muchas gracias por todo y un abrazo "apretao".
¿que vos parece se vemos o resto das fotos?

