Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

Categoría: En Proceso de Restauración

25 Marzo 2007

Restauración Tambores de freo

Vespa 160.

Esta semana estou preparandoos tambores de freo.

Como son de aluminio, decidín pintalos con "gris de llantas". Na foto podedes ver o estado no que estaba o tambor do eixo dianteiro.

Antes de nada, o primeiro que hai que facer é limpialos cunha hidrolavadora.

Despois hai que lixar, pero xa aviso que é un proceso moi lento e que cansa porque non hai espazo para meter a man.

Nestos casos É moi útil a famosa DREMEL, o que pasa é que resulta un pelín cara. De todolos xeitos hai multitude de ferramentas parecidas en calquer ferretería e a mellor prezo.

O seguinte paso é pintar.

Eu pinteinos cun gris de llantas e a pistola. Vendencho en calquer sitio de recambios de coche e o bo é que tamén o hai en Sprai (algo más caro)

Agora deixovos unha foto para que vexades o "antes" e o "despois". Salú!

servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo

2 Marzo 2007

Sen présa, pero sen pausa


Sigo e non paro.

Tven outra tarde libre e púxenme de novo ó choio porque xa non soporto ver a Vespiña debaixo das mantas agardando a que a monten (nos dous sentidos, por suposto)

Antes de nada; aquí tedes o amortiguador traseiro xa montado.

Non pintei o soporte superior porque non se vai ver e xa estaba ben.

Hoxe adiqueime a pintar algunhas pezas do motor.Capuchón do cilindro, soporte e tapa do filtro do aire.


Antes de pintalas, unha boa rascada co cepillo de aramio STRONG>e unha manciña de "aparejo" para que non salte a pintura tan facilmente co paso do tempo.


Ó capuchón do cilindro non lle din pintura pola parte interior porque se estropearía coa calor, aínda que seguramente, por fora pasará o mesmo.

Ben, pois este é resultado do traballo de hoxe:

Un biquiño para NiñaSonrisa* que me botou unha man coa lixadora (hai que ver o ben que che queda a funda de citroën...)

Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

27 Febrero 2007

Muelles coma novos

Está moi ben eso de mercar unha Scooter xa restaurada, pero a verdade é que eu estou disfrutando coma un enano a restauración da 160 de meu pai.

Este luns, tiven a primeira tarde libre no que vai de mes e non pensedes que a malgastei tirado no sofás vendo o Diario de Patricia ou xogando á Play...

Collín unha funda color celeste de Citroën Vigo, desas que ten meu pai e púxemme ó choio.

Compresor por aquí, disolvente por alá... aaaay campaneraaaa, aunque la gente no quieraaaa... e este foi o resultado

Como podedes ver na foto adiqueime a pintar algunhas cousiñas; o plato interior do tambor traseiro (dise así?) o amortiguador traseiro (que a todo esto, é novo pero ven sen pintar) e os muelles das supensións.

Os muelles xa os tiña rascados de outro día. Coma sempre, utilicei o polivalente cepillo de aramios do taladro.

Después dinlle unha man de "aparejo" AUTOCOLOR, que vale unha pasta pero é dos bos e seca moi rápido.

Después apliquei uns pistoletazos de vermello metalizado (cortesía de Citroën Hispania Vigo)

E por último unha manciña de laca.


E agora vou para cama que mañá é outro día e levantome ás 6.30. Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

15 Febrero 2007

Pouquiño a pouco

Como xa sabedes, sigo coa restauración da Vespa 160
.
Una vez lin, non sei donde:

o que marca a diferenza entre unha boa restauración e unha chapuza son os pequenos detalles.

Esta é a mesa do meu taller caseiro. Perdonade polo desorde e a suciedade, pero cando me poño a choiar non me ando con tonterías.

Agora estoume adicando ós detalles, e decidín recuperar todas as pezas orixinais que poida, máis que nada porque as pezas novas decepcionanme cada día que pasa (ou non son iguais ás vellas, ou non encaixan ben na moto. Olliño coas compras) e ademáis valen un "pastón"

Nesta foto podedes ver os muelles dos amortiguadores.

Rasqueinos co cepillo de aramio para sacarlles a ferruxe e a continuación apliquei un tratamento anti-óxido que me dixeron que é moi bo: un tal OXI-NO.

O próximo será darlles unha man de imprimación e outra de pintura.

Posiblemente un gris para llantas de coche que trouxo meu pai e que da bo resultado.

Pois o dito: Pouquiño a pouco...


servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

24 Enero 2007

De volta na casa.

Aquí a tedes. Por fin de volta na casa. É a 160 de meu pai que estamos restaurando.

Hoxe mesmo funa buscar ó taller... xa sei que ainda non está montada e que lle faltan tódolos cromados, pero veña, quero sinceridade;

¿que vos parece?

servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo

10 Diciembre 2006

Vespa 160. Reparación de Chasis

Aquí o tendes. Así é como estaba o chasis da Vespa 160 que estamos restaurando meu pai máis eu.

Antes de entrar en materia, lembra que en Vespadicto podes seguir todo o proceso de restauración paso a paso e dende o primeiro momento.

A verdade é que o estado do escudo en certas partes era preocupante.
Tiña varias rachaduras e estaba moi débil. A máis grave era a que se pode ver na foto da esquerda.
Decidimos entón, sanear e soldar tódolos cortes.

Para reforzar o chasis, sustituimos as travesas oxidadas e colocamos estas novas. A primeira vista pode parecer unha medida un pouco dura por non tratarse de pezas orixinais, pero unha vez que apliquemos masilla e pintura anti-gravilla o resultado será excelente.

Nalgunhas zonas o metal estaba tan oxidado que optamos por cortar e soldar uns anacos de chapa novos.

Un traballo fino que levou o seu tempo e paciencia, pero que mereceu a pena.

Continuará...

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

24 Noviembre 2006

Reparacións de Chapa. Golpes.

Cada vez falta menos para o pintado definitivo da da Vespa 160 de meu pai.

A última vez que falamos dela, foi despois de aplicarlle a primeira man de imprimación: ver video <--
Esta semana, adicámola á reparación do chasis, pero mentres tanto (que a cousa vai para largo) aquí vos deixo unha mostra sobre como se reparan as abolladuras ou golpes.

O primeiro é endereitar as abolladuras máis grandes a base de martillo de chapista e moita paciencia.

Despois empástase donde sexa preciso con Masilla de Poliester para carrocerías coa axuda dunha espátula.

Agora lixaremos de novo os sitios donde anteriormente aplicamos a masilla axudándonos dun taco de madeira dura , para que o lixado sexa sempre uniforme e non nos queden ondulacións na chapa.

Un truco moi vello pero que da uns resultados boísimos.


Ás veces, despois de pasar a lixa co taco de madeira, quedan algunhas zonas máis "altas" que outras. Unha boa forma para localizar os posibles defectos durante o lixado é pasar a man dun xeito firme e repetidas veces adiante e atrás, do mesmo xeito que na foto.


Para acabar, antes de dar unha nova capa de imprimación, repasaremos toda a superficie cunha lixa moi finiña e unha boa lixadora pneumática.

Consello: Non malgastes os cartos en ferramienta de mala calidade.

Por certo; parece que a moda das scooters chegou á miña vila.
No mesmo taller donde paso as tardes libres reparando a Vespa de meu pai apareceu unha Lambretta desmontada.

Saúde!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

23 Octubre 2006

Video VESPA 160 en Restauración

Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Seguimos dándolle cañita á Vespa 160.

Nesta ocasión, o video mostra como quedou despois da primeira imprimación. Si queredes botar unha man, espero ansioso os vosos comentarios en Cómo a pintamos?

Ademáis, xa sabedes que podedes seguir todo o proceso de restauración desta "pepa".

Saúde!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo


Sobre mí

. 30 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera