Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

Categoría: En Proceso de Restauración

8 Mayo 2009

Vespa 150 Racer

¿Que tal o nome, gusta? jejejeje

Ben, pois como algúns xa saben, estou empezando unha nova restauración tomando como base o chasis dunha 150S

O conto é que de sempre me fascinaron as vespas antigas con colín e un so asento como estas:

Decidín experimentar coa fibra de vidrio e poliester para fabricar un colin que vaia pegado ó chasis e que sexa unha parte máis del mesmo. As cuestións sobre o depósito e demáis comentareinas a medida que vaia avanzando a cousa en próximos post.

O  primeiro é facer a plantilla. É o máis importante, máis incluso que o lixado final.

Cortei  un pedazo de cartón aprobeitando a enruga do medio para lograr a simetría.

É moi importante que a plantilla sexa o máis perfecta posible, é dicir, que sexa o máis simétrica posible e que as medidas totais sexan 1/2 cm menos que a medida total (pensa que terás que rechear ese medio centímetro con fibra e poliester para que se poida acoplar ben ó chasis)

Como se pode ver, hai que ir pegando anacos de cartón con cinta de carrocero para crear un "nervio" que suxeite toda  a estructura superior da plantilla.

Como dixen anteriormente, o resultado final depende da plantilla e da súa perfección, de modo que é moi importante "perder" algo de tempo neste primeiro paso para que o resultado sexa satisfactorio.

Incluso é importante facer varias plantillas para practicar.

Una vez que a plantilla está fabricada, aplicamos anacos pequenos de fibra de vidrio e  "bañamolos" de poliester. Pouco a pouco verás como se van solidificando e o colín vai collendo a forma que ti queiras.

Recorda, tiras pequenas de fibra (unos 10cm) e poliester "a saco". Moi recomendable ter unha caixa de guantes de latex e disolvente para os pinceis. Ollo tamén co poliester porque se sube un montón á cabeza.

O colín "en bruto" colocase no chasis e vólvense aplicar tiras de fibra e poliester para intentar que quede o máis xusto posible.

Para poder aplicar a fibra e que non se pegue ó chasis (eso fareino cando pinte a moto) protexín o chasis cun plástico o máis apretado posible, para que o colín quede ben asentado.

Repetimos a operación: fibra - poliester, fibra - poliester... "ad libitum"

Ó día seguinte e cunha lixadora circular, devastamos o colín para que se axuste á moto. Este foi o resultado:

O seguinte será rechear os posibles "fallos" co típico poliester de carrocerías; o que usan os chapistas cando tche arranxan un "gholpiño" no coche...

Por cierto... a moto ten máis choio do que eu pensaba...

PD: Se traballades con fibra de vidrio, recordade que é moi importante protexer ben todo o corpo, xa que a fibra non se ve, pero crávase na pel e podes pasar unha noite moi amena. Interesante tamén unha boa mascarilla de filtros.

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

4 Septiembre 2008

Vespa 160gt en restauración. Novo video.

Primeiras probas da 160 GT de Fran. Como xa vos contei en anteriores entradas, entroulle auga no motor e o cilindro encheuse de óxido. Botámoslle aceite a mares e ó final, sen abrir o motor, a moto arrancou
(a mecánica Vespa é dura coma unha pedra)

Era de noite e so tiña o freno dianteiro posto. O ruído mete pánico por culpa do óxido dos rodamentos, pero cada vez fai menos. Ala, a disfrutarlo.

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

4 Septiembre 2008

Vespa 160 GT en restauración

Chispa e ghasolina.

Parece mentira. Este é o motor da 160 GT de Fran. Cando o limpiou exteriormente, antes de montalo de novo no chasis, entroulle auga polo carburador (Este Fran... ) apareceu óxido e o pistón quedou agharrado ó cilindro.

Levouno ó seu mecánico de confianza e dixolle que lle botara aceite (sen abrilo), que non era moita cousa e que volvería funcionar.

Dito e feito. Botoulle aceite por litros e onte mesmo, despois de conectar o sistema de acendido, limpiar o carburador e soplarlle un poco a bujía... arrancou! (sen abrirlo)

Cantan un poco os rodamientos porque parece ser que tamén están oxidados... (eu flipo) pero Fran non quere abrilo. En definitiva: funciona, pero canta máis que unha hormighonera Campeón.

ÁNIMO, XA FALTA MENOS!!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

24 Abril 2008

A vespiña de Fran

Vespa 160 GT en Restauración.

A moda de los "scutres" colle forza na miña familia. Este é meu primo Fran. Fai un año e pico regalaronlle unha preciosa GT do '77 que vai coma un spunik. Ahora, co carné de moto na man, vove á carga coa restauración.

Neste momento, o chasis e demáis xa están no chapista.

A nosa meta é o 17 de maio "Día das letras galegas" para asistir á Ruta Rosaliana de motocicletas clásicas que organiza o motoclub de Santiago de Compostela.

Vai a ser algho complicado, porque ademáis hai que dala de alta en tráfico... A ver que pasa.

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

10 Julio 2007

Vespa 160CC ano '67

Eaghora os cables.

Estame levando tempo, pero a verdade, pensei que sería máis dificil.

Como podedes ver na foto da esquerda, estos días adiqueime a poñer os cables das marchas,o do embrague, dos freos, do conta kilómetros, do acelerador...
para que cando monte o motor teña todo á man e non ter que desmontar o manillar de novo.

Para poñer os cables do cadro de mandos de luces e non equivocarme, utilicei un truco moi sinxelo:

Cando desmontamos a moto (xa vai facer un ano) deixamos un cacho de cada cable no seu sitio para non ter que andar mirando esquemas á hora da montaxe.

A ver quen é o chulito que lle mete man a este lío de cables sin saber a onde vai cada un. Salú!

Tags: restauracion

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

10 Julio 2007

Vespa 160 en proceso de restauración.

Ó ataqueeeee!!

Despois de moito tempo, voltamos á carga coa restauración
da Vespa 160.

Esta tarde e coa axuda de meu pai, montamos as zapatas de freo,o amortiguador e o muelle da suspensión,o guardabarros e a barra da dirección no seu sitio correspondente.

Aínda falta o peor, pero estas cosas teñen que ir con calma, nada de presas.

Aquí vos deixo unha foto, para que vexades a evolución. Salú!

Tags: restauracion

servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo

4 Mayo 2007

A Vespa de Guiadiño

Vespa Garabulla

Grazas ó blog estou conocendo a moitos Vespadictos. É unha ghosada abrir o correo e atopar fotos como as que vos presento hoxe.

Trátase da vespa de Pablo Garabullo.

É un modelo dos 50, das que levan roda de 8'' e a de reposto detrás do manillar.

Como podedes observar, está en proceso de restauración.

Nestas dúas fotos pódese ver como estaba despois do lixado e como quedou despois da primeira man de imprimación anti-oxidante.

    Estaremos moi atentos a esta restauración. Ten unha pinta caralluda!

    Noraboa Pablo!

    servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

    16 Abril 2007

    Cómo vai quedar...

    Resulta que este sábado pasou meu primo Fran pola casa cunhas defensas cromadas para a súa Vespa GT e empezamos a falar das nosas pepas.

    Que si á miña lle vou poñer esto, que si a pinto de amarillo... e claro, picámonos tanto que nunha destas vai e dime:
    ¿oe, cómo vai quedar a 160 de teu pai?

    Aquí a resposta:


    Que vos parece?

    servido por damiandecuntis 3 comentarios compártelo


    Sobre mí

    . 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

    car insurance
    car insurance Counter

    Fotos

    damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

    ¡Anímale a hacerlo!

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera