Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

Categoría: Autos Clásicos

13 Enero 2007

Citroën 2CV SAHARA no Lisboa-Dakar

Acabouse o que se daba. Esta aventura rematou.

O pequeno 2CV non chegará este ano ó Lago Rosa de Dakar, retiradose na etapa 4.
¿Accidente? ¿rotura de motor? ¿perdidos nas dunas?... de momento aínda non sabemos nada, xa que nin na web do Dakar nin no Mehari Club publicaron noticias ó respecto.

No que vai de carreira xa se retiraron 286 vehículos entre motos, coches e camións.

Lástima... eu tiña esperanzas de que chegara a Dakar.

Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

9 Enero 2007

Citroën 2CV Sáhara no Lisboa-Dakar

Desde Vespadicto seguimos os pasos do Citroën 2CV que participa no Lisboa-Dakar 2007.

Según a última Clasificación Xeral, este vehículo, pilotado por Marques e Ribas, está no posto nº 167 cun tempo de 09:43:12''

Por detrás e ainda que parezca incríble, quedan un par de Mitsubishi, 2Nissan, algún Toyota... Xeral de Coches <--

A etapa de hoxe día 9 desenrolase entre ER RACHIDIA e OUARZAZATE

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

7 Enero 2007

Comeza o espectáculo: DAKAR 2007

Este ano o Rally Dakar arranca en Lisboa e dende Vespadicto queremos seguir a evolución día a día a través da web Raid-Live e o Blogdakar2007

o Dakar ademáis de aventura é unha fonte de polémica; son moitos os que o consideran como unha carreira de pijos que arrasan todo ó seu paso. O certo é que falamos dunha competición na que únicamente sobrevive o 40% dos que toman a saída.

Motos de gran cilindrada, quads de competición espectaculares, coches 4x4, camións con tracción ós 3 eixos...

e no medio de todo un humilde CITROËN 2CV SAHARA co dorsal nº 400 na chepa, pilotado polos franceses M. Georges e R. Cyril.

Un ano máis o equipo Mehari Club 2CV preparou a conciencia o seu 2cv Sáhara para atravesar as dunas de Mauritania e chegar o dia 21 a Dakar.
FOTOS CITROEN 2CV SAHARA <--

Deixovos un par de videos para que o vexades en acción. O ano pasado acabaron a carreira, a ver que fan este ano...

Por certo! Vespa tamén participou no Dakar; + info <--

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

17 Noviembre 2006

Video-Anuncio Citroën Dyane6

Como parece que o dos anuncios de coches vai gustando e mentres os traballos ca Vespa 160 de meu pai non avanzan demasiado, aquí vos deixo unhas xoias publicitarias:
Un par de anuncios do Citroën Dyane6 que se emitiron en TVE alá polos '70 co eslogan "Dyane6. Para gente encantadora"

Que o disfruten as súas señorías.

Saúde!

PD: Concentracións de motos Sábado 18 e Domingo 19

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

12 Noviembre 2006

22 persoas nun Citroën 2CV

É outra das miñas paixóns; O Citroën 2CV.

Na miña casa tivemos dous exemplares e o último vendeuse un ano antes de que eu sacara o carnet de conducir por unhas 80.000 ptas. (nunca llo perdonarei a miña tía)

Recordo con moito agarimo aquelas excursións á praia no flamante 2CV. Ía toda a familia: meus pais, miña avoa, miña irmá e eu. A defensa traseira casi rozaba o chan polo peso mentres meu pai baixaba marchas para poder subir as pendentes. Cando conseguía pasar de 100km/h mirábanos polo retrovisor cunha sonrisa cómplice mentres berraba "imos a cen, coma os coches!!" e miña irmá e eu escarallabámonos á risa mentras miña avoa dicía aquelo de "Susiño vai a modo"

Saíamos pola mañá cedo a eso das 10 co maleteiro a tope de sillas plegables, mesita, sombrilla e as toallas. Todo regado co magnífico cheiro á empanada de xoubas e tortilla que anegaba todo o coche. Sempre tiven a sensación de que o coche tiña cara de risa... ó mellor pasabao tan ben coma min.

Vaia, que me poño melancólico, ó choio:
Buceando polo Youtube atopeime con este video. Que o disfruten as vosas señorías.

Saúde!

servido por damiandecuntis 3 comentarios compártelo

2 Septiembre 2006

Esto si que é TUNNING

Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Buscando imáxes de Vespiñas na rede atopeime con esta impresionante foto dun Vespa Car 400

A foto está aloxada nunha Web (RASOLOTO) na que se poden ver un bo número de coches e pick-ups antigos tanto americanos como europeos.

Na súa OLD TRUCKS PHOTO GALLERY podes atopar vehículos tan espectaculares como estos:


Que a disfruten vosas señorías!

PD: CONCENTRACIÓNS MOTEIRAS PARA ESTA FIN DE SEMANA Viernes 1, Sábado día 2 e Domingo 3

Tags: automobiles

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

11 Agosto 2006

Video Vuelta a Galicia Autos Clásicos

Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Aquí o tendes: O video Prometido

Non está editado como a min me gustaría, pero o traballo non me deixa moito tempo libre. O dito; que o disfruten vosas señorías.

Saúde!

PD: e Nunca máis Lume en Galicia !!

Sigo agardando as vosas opinións en COMO A PINTAMOS?

Tags: videos

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

28 Julio 2006

Ford Capri 1971

Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Como xa dixen noutras ocasións estou toliño polos clásicos. Estas son as fotos do Ford Capri que me atopei no centro de Braga

Ademáis, estase celebrando a Volta a Galicia de Automóviles Clásicos e esta fin de semana chega a Santiago de Compostela. Alí estarei coa cámara de video e a de fotos para que disfrutedes do evento a vindeira semana en Vespadicto.

Sigo agardando as vosas opinións: CÓMO A PINTAMOS? <--

Saúde!

+ Clásicos en Vespadicto <--

Tags: automobiles

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo


Sobre mí

. 30 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera