Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

Categoría: Autos Clásicos

21 Octubre 2008

Como restaurar unha Vespa

Método resumido

Como xa me preguntaron máis dunha vez por donde empezar a restauración dunha vespa ou lambretta e canto nos vai costar a broma, aquí deixo o meu humilde método:

Atención: vai fotografiando todo, para saber despois onde e como estaba. (grazas Carlos)

1ª desmontas todo: manillar, dirección, guardabarros, cófanos, guantera... ordenando e anotando meticulosamente os tornillos e pezas en paquetes, indicando o seu lugar na moto. Os cables e as camisas deixalos no chasis para poder sustituilos por outros se fose necesario.

2º Extraes o motor do chasis (ollo, sen abrilo) e lévasllo ó mecánico para que cambie todo o necesario para poñelo a punto. Paga a pena gastar 300€ e deixar o motor en perfecto estado. Cambiar reténs, rodamentos e si é necesario pistón e cilindro. É mellor facer esto ó principio, que volver a desmontar coa moto xa restaurada (por experiencia propia)

3º Traballo sucio: lixar, lixar e volver a lixar toda a chapa da moto para eliminar o óxido. Para aforrar cartos temos que facer todo o traballo que os chapistas non queren, xa que é máis rentable pintar 4 defensas de coche nunha hora, que poñerse a lixar unha puñetera vespa. É importante que protexas as pezas que vaias lixando: vai pasar moito tempo desde que lixas unha aleta, por exemplo, ata que vas ó chapista. Tes que botar aceite WD-40 (parecido ó 3en1) para que non oxide mentras segues lixando outras pezas.

Ese é o truco: se levas toda a chapa preparada para pintar, non suelen decir que non, xa que cualquera o fai nun par de horas.

Por tanto e resumindo: motor: 300€, chapa: 500€ máis ou menos, lixa, disolvente, pezas novas, algún embellecedor e outras cousiñas...

TOTAL 1.400/1.500€ a gastar nun ano, máis ou menos.

Agora pensa si prefires restaurar a vespa de teu avo ou mercar unha chooper de plástico por más cartos... ti mesmo!


servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

21 Octubre 2008

Fotos Autoclásico O Porto '08

Estos días estou bastante liado no choio e non teño tempo para publicar...

Estamos acabando a 160 GT de Fran e supoño que estará lista para a fin de semana que ven, a ver que pasa. De momento aquí vos deixo máis fotos do Autoclásico '08.


servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo

5 Octubre 2008

Fotos Salón Autoclassico O Porto

Fai 7 días pasei polo Salón Autoclassico de O Porto. Según as revistas especializadas é a mellor exposición de clásicos da península e sinceramente, estou totalmente dacordo. Modelos como AC COBRA, FERRARI DINO, JAGUAR GT, CHEVI CAMARO, VW ESCARABAJO (o de verdade) además dunha VESPA RALLY, (nunca vira ningunha) VESPA SS (2.800€uracos)...

Aquí van unhas fotos, espero que vos gusten:

O primeiro modelo de Corvette
Stand Lambretta Club

Mercedes "ás Gaivota"

Vespa GS (con R4 ó fondo)

Renault Alpine

VER FOTOS AUTOCLASSICO

servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo

23 Julio 2008

A Vespa de Fran

Xa fai 2 anos que lle regalaron unha Vespa GT a meu primo Fran. Hoxe, 23 de Jullo do 2008, por fin podo colgar as primeiras fotos da restauración.

O noso obxetivo era restaurala para a Ruta Rosaliana do 2007, pero a cousa complicouse tanto que despois xa pensamos na do 2008 e agora tíñamos a ilusión de presentarla na Scooterada Vespeinada, pero ainda falta todo o papeleo (e que arranque).

Espero que se aprecie ben, porque as fotos son de móbil.

Levou a cromar a tapa do ventilador e a carcasa de refrixeración do cilindro, tamén o depósito e a pata de arranque... ímoslle ter que chamar "a minipimer"

A ver se non lle saltan os cromados cando lle retorza o carozo subindo o alto do Pousadoiro.

Se vos fixades, ten un certo parecido coa vespa que aparece na cabeceira do blog. Digo parecido, porque a cor laranxa da Vespa que colleu como referencia no lle acababa gustar.

As partes en amarillo irán perfiladas cun vinilo negro de 3 milímetros, así como as gomas das aletas e da guantera.

Básicamente, será algo así:

Así estaba fai 2 anos

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

13 Junio 2008

Novo proxecto: Vespa 150 Herbie.

Teño mono!

Primeiro foi a T5 125 que lle merquei ó tio de meu amigo Manolo. Con ela entrei no mundo das scooters; Rasca daquí, pinta por alí, primeir o ghripazo, un escape... o resto a o sabedes, acabeilla vendendo a un veciño.

Despois, desde Vilalba (Lugo) chegou a Vespa 160 de meu pai "A Pelijrosa":
O mesmo: rasca daquí, rasca máis... segue rascando, soldar este cófano, imprimación, aparello...
et voilá! restauradiña y dándo caña polas pistas.

A seguinte foi a ansiada Lambretta Jet 200, "Matilde". Atopeina en Ribadabia. Desmonteina por completo, deixei a chapa "ó aire", imprimación, moitas probas de photoshop (recomendadísimo, grazas Lu*) incluso metinme na electrónica e cambiei a voltaxe da moto (de 6 a 12v)

E agora chega un novo proxecto: VESPA 150. Regalaronma a cambio de pagar a transferencia e agora que a 160 non necesita máis aprietes de tuercas e que a lambretta vai como a seda... (tocamos madera)

Teño mono!! quero lixar, pintar, mancharme outra ves as mans de grasa, facer probas sin matrícula nin seguro polas pistas da parcelaria, axustar cambios, embragues...

Pero quero facer algo especial: motor 200, escape Simonini, un bo carburador, freno de disco dianteiro, vamos que a quero utilizar a diario sen medo a darlle un pouco de estopa nas rectas.

En canto á pintura... ¿que vos parece unha homenaxe a Herbie?

Xa busquei algo por internet e non me disgustan, a verdade: poñería o "53" do outro lado e un pouco máis grande no cófano... (un xuego de faros supletorios no escudo, uns tapacubos cromados que vin nunha web...) jajajajajajja TEÑO MONO!!


Si cheghaches aquí: grazas :-)

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

4 Mayo 2008

Fotos Exposición Clásicos Festa da Troita


Pois tal e como prometín, este sábado montei na "Pelijrosa" e marchei a Sigüeiro a ver a exposición de coches e motos clásicas, que se celebrou con motivo da XII Festa da Troita.

O conto é que eu tiña entendido que había concentración de motos clásicas, pero resultou ser unha concentración motera sin máis. Cando cheguei alí só se vían Yamahas, Hondas, Suzukis, nada de Montesas, Ossas, Guzis ou "abuelas" polo estilo, así que decidín tomalo con filosofía e aparcar entre una Ducati e unha Yamaha coma se fose unha máis do montón;
Cun par!

Aquí vos deixo algunhas fotos. Salú!



Ver máIs fotos <--

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

2 Septiembre 2007

Citroën 2CV vs Land Rover Defender

Cacharros ó poder.

As cousas non se fan coma antes. Aquí vos deixo o video-comparativa dun Citroën 2CV e un Land Rover Defender.

O Land Rover, ten moito máis motor, marchas reductoras, rodas grandes e con tacos, pero o pequeno dous cabalos... mellor será que o vexades.

Tags: citroen 2cv

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

14 Abril 2007

Hot Rods In The Basement

Tunning en estado puro

Disque o tunning naceu nos EE.UU. cando nos anos '60 os xóvenes norteamericanos modificaban os carros dos seus avós para lucir nas fins de semana.

Presentovos un Video que atopei, como sempre, no Youtube.

Moi atentos porque non ten desperdicio: coches antigos, motores modificados, llantas cromadas, cristais tintados...

Salú!

+ Videos en Vespadicto <--

+ Automóbiles Clásicos <--

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo


Sobre mí

. 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera